atraso

atraso

(< atrás)

  1. s m

    Efecto de atrasar ou atrasarse.

    Ex: O avión aterrou con dúas horas de atraso.

  2. s m

    Insuficiencia ou falta de desenvolvemento de determinadas situacións ou aspectos.

    Ex: O atraso económico dese país provoca grandes emigracións. Non utilizar os avances técnicos é un atraso para o progreso.

  3. s m pl

    Cantidades que se deben ou que non se pagaron no seu momento.

    Ex: Hoxe ingresáronme os atrasos de catro meses.