atrasar
(< atrás)
-
v t
Pospor unha actividade que se tiña prevista.
Ex: Tiven que atrasar a miña partida por causa da folga de transportes.
Sinónimos: adiar, aprazar, delongar, postergar, retardar. Antónimos: adiantar, anticipar. -
v t
Datar unha cousa nun tempo anterior ao fixado.
Ex: Os arqueólogos aseguran que hai que atrasar a datación deste castro varios anos máis do que se pensaba.
-
v t
Mover cara a atrás as agullas dun reloxo ou facer que ande máis lentamente.
Ex: Cando cruces a fronteira portuguesa tes que atrasar o reloxo unha hora.
Antónimos: adiantar. -
v t
Obstaculizar a realización ou o decorrer normal de algo.
Ex: A falta de maioría absoluta na votación atrasou a reforma da lei.
-
v i
Non funcionar debidamente un reloxo.
Ex: Este reloxo atrasa, marca as catro e xa son as cinco.
Antónimos: adiantar. -
v i
Avanzar cara a atrás dende o punto no que se está.
Ex: Neste país atrásase máis que se adianta.
Sinónimos: retroceder. -
v pron
Chegar máis tarde do esperado.
Ex: O profesor atrasouse por culpa do atasco de tráfico.
Formas incorrectas
retrasarPalabras veciñas
atrás | atrasado -da | atrasar | atrasar | atraso | atraso económico de Galicia, O | AtratoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atraso
atrasas
atrasa
atrasamos
atrasades
atrasan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasaba
atrasabas
atrasaba
atrasabamos
atrasabades
atrasaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasei
atrasaches
atrasou
atrasamos
atrasastes
atrasaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasara
atrasaras
atrasara
atrasaramos
atrasarades
atrasaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasarei
atrasarás
atrasará
atrasaremos
atrasaredes
atrasarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasaría
atrasarías
atrasaría
atrasariamos
atrasariades
atrasarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrase
atrases
atrase
atrasemos
atrasedes
atrasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasase
atrasases
atrasase
atrasasemos
atrasasedes
atrasasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasar
atrasares
atrasar
atrasarmos
atrasardes
atrasaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
atrasa
-
-
atrasade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atrasar
atrasares
atrasar
atrasarmos
atrasardes
atrasaren
atrasada
atrasados
atrasadas