atrasado -da
atrasado -da
(< atrasar)
-
p reg
de atrasar.
-
adx
Que leva atraso con respecto a como debera ir.
Ex: Hoxe o autobús vai atrasado. En moitos aspectos aínda é un país atrasado.
-
adx
Que non é recente.
Ex: Teño ahí unha chea de xornais atrasados.
-
adx
Que está colocado máis atrás.
Ex: Nese baile o pé esquerdo colócase un pouco atrasado.
-
adx
Que ten débedas ou traballos pendentes.
Ex: Teño traballo atrasado e aínda non podo saír.
-
adx
Que non vive, pensa ou obra de acordo cos usos actuais.
Ex: Meu pai ten unhas ideas atrasadas, non lle interesa a informática.
-
adx e s
Persoa que sofre algún atraso mental ou físico.
Ex: O atrasado non sabía valerse só. Era un rapaz atrasado.
Sinónimos: anormal, subnormal.