anormal

anormal

(< a- + normal)

  1. adx

    Non normal, contrario a unha norma.

    Ex: Ten un comportamento completamente anormal.

  2. adx e s [MED]

    Individuo afectado de calquera síndrome psicopatolóxica.

    Ex: É un pouco anormal, así que ten coidado con el.

  3. s [MED]

    Neno ou adolescente inadaptado ás esixencias familiares e sociais a causa dun atraso intelectual, dunha neurose, dun trastorno físico (cegueira, xordeira, mudez, parálise, epilepsia, corea), dunha incoherencia de carácter ou dunha falta de equilibrio mental que lles fai insoportable a disciplina xeral.

    Confrontacións: subnormal.