anorgasmia
anorgasmia
(< an- + orgasm(o)
s
f
[PAT]
Incapacidade para experimentar o orgasmo. Máis frecuente nas mulleres, pode tratarse dunha verdadeira disfunción se se establece nunha persoa que mantén unha vida sexual adecuada e se comporta un sentimento de insatisfacción. A orixe do trastorno é debida habitualmente a problemas emocionais ou de comunicación coa parella, así como conflitos psicolóxicos, e máis raramente a causas orgánicas.