Dimas
Dimas
[ONOM]
Antropónimo masculino de orixe descoñecida. Posiblemente se relacione coa cidade aquea Dyme ou sexa unha adaptación cristiá de Dio-master ‘que busca a Deus’, ou Di-machos ‘que combate polos dous lados’. A festividade de san Dimas, rebelde crucificado a carón de Cristo, celébrase o 10 de abril.