dimorfismo
(< dimorfo)
-
s
m
Calidade de dimorfo.
-
s
m
[BIOL]
Tipo de polimorfismo no que se dan dúas formas distintas pola súa morfoloxía externa, dentro dunha determinada especie vexetal ou animal. Fálase de dimorfismo sexual cando estas dúas formas se corresponden cos dous sexos. Tamén hai un dimorfismo estacional, que conduce a dúas xeracións morfoloxicamente diferentes, adaptadas cada unha de xeito distinto ás variacións dos factores ambientais. Nos ciliatos e nalgúns foraminíferos dáse o dimorfismo nuclear, que consiste na presenza de dous tipos de núcleos en cada célula: o micronúcleo, de carácter xenerativo, e o macronúcleo, somático ou metabólico, que non adoita dividirse.
-
s
m
[XEOL]
Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, dúas ordenacións distintas, que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes. É un caso particular de polimorfismo.