Dimorphoteca

Dimorphoteca
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas anuais e glabras, da familia das asteráceas, de ata 40 cm de altura. Posúen follas grosas, estreitas e dispostas nunha mouta basal. Os capítulos están formadas por lígulas de cor laranxa. Algunhas especies, orixinarias do S de África, especialmente D. aurantiaca, foron introducidas como ornamentais en Europa a finais do s XVIII.

Palabras veciñas

dimorfismo | dimorfo -fa | Dimorphodon | Dimorphoteca | din | DIN | Din Matamoro