Dine, Jim

Dine, Jim

Pintor e escultor estadounidense. Estudiou na University of Cincinnati e na School of the Museum of Fine Arts de Boston, e en 1958 instalouse en Nova York. A partir de 1959 deuse a coñecer polos seus happenings, entre os que destaca a serie Crash (1960). En 1960 fixo unha exposición de pintura neodadaísta, representativa da pop art norteamericana. Foi tamén un dos pioneiros dos performance. Introduciu na súa obra obxectos reais e correntes, entre outros, as garavatas, os electrodomésticos e os lavabos. Posteriormente, cultivou a pintura figurativa.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cincinnati