dingo
dingo
(
s
m
[ZOOL]
Mamífero carnívoro australiano, de ata 150 m de lonxitude -máis 35 cm de cola-, de cor de pelo castaño, que descenden de cánidos domésticos introducidos polos primeiros aborixes australianos. Son animais gregarios que cazan en grupo. As femias paren 4 ou 5 crías, logo dunha xestación de 9 semanas, que son aleitadas durante 2 meses e permanecen cos pais cando menos un ano. Os canguros supuñan a base da alimentación dos dingos antes da chegada dos colonos, que exterminaron a aqueles das praderías onde quixeron establecer rabaños de ovellas. Nesas áreas, os dingos víronse obrigados a depender do gando doméstico polo que foron perseguidos. Tamén ameaza o seu futuro como especie as hibridacións con cans domésticos levados polos europeos.