dionisíaco -ca
dionisíaco -ca
(< lat dionysiăcu)
-
adx
Relativo ou pertencente ao deus Dionisio.
-
adx
Relativo ao consumo excesivo de viño.
Ex: Sempre organizas unhas festas dionisíacas e despois acabamos todos borrachos.
-
adx
[FILOS/LIT]
Concepto retomado pola filosofía de Schelling que F. Nietzsche propuxo en A orixe da traxedia (1872) para se referir a unha das dúas actitudes que recoñece o enfrontamento do home ao mundo. Asóciase ao deus grego Dióniso e representa o paixonal, o desenfreo, o caos, a violencia e a indolencia. Preséntase como o oposto a apolíneo, termo derivado do deus Apolo, que defende o ideal de orde, medida e harmonía.