diópsido
diópsido
(< 2 di- +gr ὅψις ‘aspecto, vista’ + -ido)
s
m
[MINERAL]
Silicato de magnesio e calcio, de fórmula CaMg(Si2O6). Cristaliza no sistema monoclínico, con cristais prismáticos ou en masas granulares. A súa cor vai do branco ao verde claro e nas variedades ricas en ferro é verde intenso. Ten unha dureza de 5 a 6 segundo a escala de Mohs e unha densidade de 3,3 g/cm3, que aumenta co contido en ferro (substitutivo do magnesio). Forma coa hedenberxita unha serie completa de solucións sólidas. En Galicia hai xacementos na serra da Capelada.