Dioño, pazo de

Dioño, pazo de

Construción nobre situada en San Tirso de Cornado (Touro). Construído no s XVIII, ten planta rectangular e construcións adxectivas. Dedícase á explotación agrícola. No exterior, destacan os muros encalados e a galería que serve de protección ao balcón da planta superior. Na portada que se abre ao xardín destaca un escudo circular cos brasóns das familias Torres e Aguiar.