Dióniso, teatro de
Dióniso, teatro de
Situado aos pés da Acrópole de Atenas, formou parte dun santuario dedicado a Dióniso Eleutéreo, do que se conservan restos de dous templos. A primitiva construción tiña as bancadas de madeira pero reconstruíuse en pedra no s IV a C e reformouse en tempos de Nerón. A cávea tiña capacidade entre 14.000 e 17.000 espectadores. Consérvanse as bases das estatuas que decoraban a cávea e o inicio da escena.