Dios Jaráiz, Eduardo
Pintor e decorador. Comezou a súa carreira artística baixo as ensinanzas de Guillermo Smyth. Cando comezou os estudios de medicina na Universidad de Valladolid, permaneceu ligado á pintura ao integrarse no departamento de debuxo anatómico. Abandonou a medicina pola pintura e graduouse en artes aplicadas e oficios artísticos en Zaragoza. Nos anos setenta regresou a Pontevedra, onde se dedicou á creación plástica, á docencia nas especialidades de modelado, cor e composición, e ao oficio de decorador. O seu interese polo estudo da figura humana foi unha constante na súa produción artística e converteuse na principal protagonista da súa obra, expresada a través duns volumes rotundos. Participou en diversas mostras colectivas, entre as que destacan diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, a I Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo (1976) e a mostra Colectivo de pintores pontevedreses (Burgos, 1986). Realizou exposicións nas principais vilas galegas e en cidades como Valladolid e Toledo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra