Dios Martínez, Manuel de
Musicólogo. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de música e literatura na Universidade Laboral e de galego e lingua e literatura española no instituto Otero Pedrayo de Ourense ata a súa xubilación. Cursou os primeiros estudios musicais con sor Luísa Galiano e despois continuounos no seminario de Ourense e con Antonio Jaunsarás. Foi mestre do coro masculino do instituto de Ourense e director da Coral Ruada (1955-1990), para a que compuxo música e letra de diversos temas populares e polifónicos. Colaborou no Boletín Auriense, con traballos como “Cinco villancicos del siglo XVI” ou “O primitivismo do alalá”. Parte da súa obra poética está contida en Sete poetas ourensáns (1992) e en Ourense craro río verde val, e moitas das súas composicións musicais editadas en traballos discográficos de diferentes artistas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Xes de Rabeda