Dióxenes de Apolonia

Dióxenes de Apolonia

Filósofo grego. Discípulo de Anaxímenes, nas súas ideas físicas achegouse a Arquelao, pero destacou pola súa preocupación polas causas das pequenas cousas. Consideraba o aire como elemento primordial e constitutivo de todos os seres tanto animados como inanimados, e outorgoulles unha calidade divina. Levou a doutrina xónica a Atenas e mantivo contactos con Sócrates. Considerado como un dos ateos tradicionais en Atenas, sufriu persecución. Consérvanse algúns fragmentos da súa obra De Natura (A Natureza).

Cronología

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : Apolonia, Creta