dirixible

dirixible

(< dirixir)

  1. adx

    Que se pode dirixir.

    Ex: Merqueille ó neno un coche dirixible.

  2. s m [AERON]

    Aeronave autopropulsada e dirixida, sustentada por un gas que debe ser máis lixeiro ca o aire, normalmente hidróxeno ou helio. Está formado por un oco aerodinámico, dividido en compartimentos cheos de gas de sustentación. Na popa do oco están as empenaxes e os gobernos de dirección e estabilidade; na parte máis baixa están o sistema propulsor e a cabina para a tripulación, os pasaxeiros ou a carga. Hai dous tipos de dirixibles segundo a súa estrutura: ríxidos e flexibles. Nos dirixibles ríxidos o oco ten unha estrutura de bancadas e cadernas que lle dan forma aerodinámica e van recubertas dun tecido impermeable ao gas. Tamén se coñece co nome de zéppelin. Os dirixibles flexibles manteñen a forma do oco debido ao efecto da presión interior do gas, que está contido nun recipiente formado por capas de tecido impermeable. Empregouse algunhas veces o dirixible semiríxido de tamaño intermedio. Antes de 1940, a maioría eran ríxidos, con hidróxeno e dedicados ao transporte de pasaxeiros. Durante a Segunda Guerra Mundial utilizáronse os flexibles, con helio.

Palabras veciñas

dirimir | dirindainas | dirixente | dirixible | dirixir | dirixir | dirixismo