disacárido

disacárido

(< 2 di- + sacárido)

s m [BIOQ]

Hidrato de carbono que deriva da condensación de dúas moléculas de monosacárido, que quedan unidas mediante un enlace glicosídico, con eliminación dunha molécula de auga. A hidrólise dun disacárido, realizada polos enzimas coñecidos como glicosidases, proporciona os monosacáridos que o constitúen. Os disacáridos son, xa que logo, os polisacáridos máis simples e poden estar formados por monómeros iguais, como a celobiosa, que é o resultado da unión de dúas moléculas de glicosa mediante enlace β(1 → 4), ou distintos, como a sacarosa, que é o resultado da condensación dunha molécula de glicosa e unha de frutosa mediante enlace α (1 → 2).

Palabras veciñas

Dis | 1 dis- | 2 dis- | disacárido | disámara | disartria | disbasia