discordia
discordia
(< lat discordĭa)
-
s
f
Antónimos:
concordia.
-
Falta de acordo ou de harmonía entre persoas, que pode provocar discusións ou pelexas.
Ex: Coas súas palabras vai sementando a discordia no traballo.
Sinónimos: desconcordia. Antónimos: concordia. -
Enfrontamento provocado pola falta de entendemento.
Ex: Xa están os dous en discordia.
-
-
s
f
[DER]
Falta de maioría nun tribunal colexiado ao ditar unha resolución, debido a unha división de parecerees.
-
s
f
[MIT]
Divindade maléfica romana, personificación da discordia, que se identifica coa Eris grega. OBS: Emprégase en maiúscula.
Refráns
- Axúntanse os homes mais non se axuntan os montes.
- En cada concello hai o seu can vermello.
- Farto está o cameiro que anda a topeñadas co seu compañeiro.
- Inda non comezamos e xa acabamos/rifamos.
- Moitas veces é máis grande a contenda cá causa dela.
- ¡Deus desaveña a quen nos manteña!
- ¡Deus me dea contenda con quen entenda/me entenda!