concordia

concordia

(

  1. s f

    Estado de harmonía que resulta do acordo dos sentimentos, das ideas, etc, entre dúas ou máis persoas.

    Ex: Entre o grupo de excursionistas estableceuse unha gran concordia.

    Antónimos: discordia.
  2. s f

    Acordo legal por estipulación ou conveniencia entre dúas ou máis partes.

  3. s f [DER]

    Contrato polo que se perdoaban as pensións adeudadas nos censos. O caso máis coñecido foi o da chamada Concordia de Barcelona, asinada entre Palma de Mallorca e os seus acreedores censalistas barceloneses.

  4. s f [DER]

    Convenio bilateral entre a Santa Sé e os estados para a regulamentación das actividades eclesiásticas a desenvolver no territorio estatal e para a resolución dos conflitos que xurdan eventualmente entre a potestade eclesiástica e civil. Do mesmo xeito que o concordato, ten natureza xurídica de tratado internacional e considérase fonte do dereito.

  5. s f [DER]

    Instrumento xurídico autorizado que contén o tratado e o convido entre as partes en litixio.

  6. concordia evanxélica [RELIX]

    Intento de reconstrución unitaria cronolóxica dos evanxeos, que se demostrou inviable pola crítica histórica.

Refráns

  • Anos e vidas compoñen vilas.
  • Comeredes porco e estaredes todos de acordo.
  • Deus e vidas compoñen vilas.
  • Máis vale un mal axuste que un bo preito.
  • Unha mala avinza vale máis que un bo preito.