Concorde

Concorde

Avión supersónico comercial fabricado entre Francia e o Reino Unido que realiza viaxes transoceánicas. Con capacidade para 100 pasaxeiros, ten un peso máximo de 181 toneladas. En 1962 as empresas francesas Sud-Aviation e SNECMA, xunto ás británicas British Aircraft Corporation e Bristol Siddeley, iniciaron o proceso de fabricación que culminou en 1969 co seu primeiro voo. Ao ano seguinte   o MACH 2 conseguiu duplicar a velocidade do son. Despois dunha serie de problemas técnicos, Air France e British Airways retomaron o proxecto en 1976. O 10 de xullo do ano 2000 sufriu o seu primeiro accidente no que faleceron 113 persoas e polo que cancelou as súas operacións de voo ata que no ano 2001, a British Airways decidiu reanudalas.