Concordia, Fórmula da
Concordia, Fórmula da
[RELIX]
Documento que trata os puntos máis controvertidos das doutrinas luteranas, asinado en 1577 como confesión de fe, para manter a unidade dentro do luteranismo. Publicado en 1580 baixo o título de Libro da Concordia, considerouse como a carta relixiosa da maioría das igrexas luteranas.