concorrencia

concorrencia

(

  1. s f

    Acción e efecto de concorrer.

    Sinónimos: afluencia.
  2. s f

    Grupo formado polas persoas que coinciden voluntariamente nun mesmo lugar.

    Ex: Había moita concorrencia no teatro.

    Sinónimos: audiencia, auditorio.
    1. s f

      Coincidencia de dúas ou máis cousas nun punto común.

    2. punto de concorrencia

      Punto de intersección.

    1. s f

      Coincidencia no tempo.

    2. concorrencia de oficios [RELIX]

      Coincidencia que resulta de sobrevir a celebración dunha festa antes do remate doutra.

  3. s f

    Rivalidade de intereses entre persoas que pretenden unha mesma cousa.

  4. s f [ECON]

    Situación de mercado caracterizada pola igualdade de posibilidades. Permite a intervención de calquera individuo ou empresa no mercado sen que a intervención do estado, dos truts, dos cárteles e doutros grupos rompa a paridade entre os concorrentes. A concorrencia é limitada cando algún dos suxeitos que interveñen no mercado están restrinxidos por algunha causa.

  5. s f [LING]

    equivalencia funcional.