Discovery
Discovery
Terceira lanzadeira norteamericana, que realizou o seu primeiro voo o 25 de agosto de 1984. Entre as súas misións, cómpre salientar a posta en órbita do telescopio espacial Hubble (1990) e a súa posterior reparación (1997), o primeiro voo dun cosmonauta ruso nunha lanzadeira espacial (1994), e o primeiro axuste dunha lanzadeira á estación espacial rusa Mir (1995). Ademais, realizou diversas misións na Estación Espacial Internacional (ISS), entre as que destaca o transporte dos primeiros membros da tripulación, a instalación dun módulo de servizo ruso, un laboratorio, o módulo Spacehab e a colocación de diversos satélites.