discreto -ta
(< lat discrētu, p p de discernĕre)
-
adx
-
Que fala ou se comporta con prudencia e reserva, sen inmiscirse nas cousas das demais persoas.
Ex: É unha rapaza moi discreta, será unha boa compañeira de piso.
-
Que sabe gardar os segredos.
Ex: Pódeslle contar calquera cousa que xamais lla contará a ninguén, é moi discreto.
-
-
adx
Que non destaca ou que non se fai notar.
Ex: Utiliza sempre uns vestidos moi discretos. A súa actuación foi discreta. É un lugar discreto para quedar.
-
adx
Que ten un nivel medio ou aceptable na calidade, cantidade ou importancia.
Ex: O seu traballo dentro da empresa é bastante discreto.
-
adx
-
Que está composto de partes separadas ou que é descontinuo.
-
[MAT/FÍS]
Aplícase á variable que só pode tomar un conxunto finito ou numerable de valores por oposición a unha variable continua.
-
[PAT]
Aplícase a certas erupcións de grans ou pústulas que brotan separadas entre si.
-
-
[RELIX]
-
s
m
Delegado elixido por un capítulo provincial dos irmáns menores para asistir a un capítulo xeral da orde.
-
s
Persoa que actúa como conselleiro ou asesor do seu superior nalgunhas ordes relixiosas.
-
s
m