discriminación
(< latdiscriminatĭōne)
-
s
f
Acción de discriminar.
-
s
f
[SOCIOL]
Infravaloración dun grupo humano por parte doutro. Prodúcese, sobre todo, por causas relixiosas, económicas, étnicas, lingüísticas ou sexuais.
-
s
f
[PSIC]
-
Diferenciación, comunmente cualitativa, entre dous ou máis obxectos.
-
Comportamento polo que un estímulo recibe unha resposta, mentres que outro estímulo provoca outra diferente ou non produce ningunha.
-
-
s
f
[TECNOL]
Eliminación dos sinais que entran nun circuíto electrónico, menos os que teñen unha determinada característica.
-
discriminación de prezos
[ECON]
Posibilidade de vender a prezos diferentes un mesmo produto nun período de tempo, en condicións de competencia imperfecta, como é o caso dos monopolios. O vendedor pode establecer diferencias de prezo segundo as características do comprador, ou segundo o uso ou o lugar xeográfico ao que vaia destinado o produto.