discriminante

discriminante

(< discriminar)

  1. adx

    Que discrimina.

    Ex: A cor da pel ou a relixión non deberían ser cuestións discriminantes.

  2. s m [MAT]

    Invariante funcional que establece unha relación entre os coeficientes dun polinomio, e permite estudar as súas raíces e outras propiedades. No caso dun polinomio de grao n cunha soa variable, a0xn+a1xn-1+...+an, o discriminante é a expresión


    FORMULA


    En particular, o discriminante dunha ecuación cuadrática ax2+bx+c=0 ten como expresión D=b2 - 4ac.