Disdéri, André-Adolphe

Disdéri, André-Adolphe

Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante ao woodburitipo. Escribiu catro manuais, entre eles, L’Art de la photographie (A arte da fotografía, 1862).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nice

  • Deceso

    Lugar : París