Disparate, El
Disparate, El
Publicación bilingüe de tendencia católica aparecida en Lama en 1910 e subtitulada “Periódico informal”. Cesou o 10 de setembro de 1914, cando chegaba ao nº 109. Cunha periodicidade decenal e unha tiraxe de 400 exemplares, imprimíase nos obradoiros tipográficos da viúva de X. A. Antúnez, en Pontevedra. Incluíu diversos artigos en que polemizaba con outras publicacións. No eido literario inseriu contos e coplas en galego, asinadas cos alcumes Xan d’Outeiro, Xa me entendes, O coplista d’o Verdugo, Cocis de A. Barrera e Minjos de Gondomar.