disparates, Los

disparates, Los

Serie de gravados realizados por Goya. O seu contido e o seu estilo permiten datalos entre 1816 e 1823. Non foi publicada en vida do autor e, probablemente, quedou inacabada. Editouse en 1864 co título de Los proverbios, sen embargo, ao analizar as probas de estado de Goya e comprobar que a maioría deles levaban o título de disparate, cambióuselle o nome. Pertenceron a Javier Goya, fillo do pintor, ata que en 1854 a adquiriu Román Garreta. En 1862, a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando mercou 18 pranchas das 22 orixinais. As catro restantes pertenceron a Eugenio Lucas e, publicadas na revista L’Art en 1877, consérvanse nunha colección particular en París. Goya combinou a augaforte coa augatinta para representar escenas carnavalescas onde realizou crítica social e debuxos de animais e monstros que se interpretaron como alegorías políticas ou símbolos das paixóns humanas. Os debuxos preparatorios, algúns de gravados que non chegaron a imprimirse, consérvanse no Museo del Prado, e os gravados na Biblioteca Nacional.

Palabras veciñas

disparatar | disparate | Disparate, El | disparates, Los | disparidade | disparo | dispendio