Disque

Disque

Publicación aparecida no Grove en outubro de 1983, subtitulada “Boletín informativo del Ilmo Ayuntamiento de O Grove”. Editada polo propio concello na Imprenta Guardesa, incluía as seccións: “Permanentes”, onde figuran as actas dos plenos do concello, “Sociedad”, na que aparecen nacementos e vodas, “Ayuntamiento”, con información sobre o propio concello, “Deportes” e “Ecoloxía”, no que colaborou Estanislao Fernández de la Cigoña. Ademais engadía información relativa aos cámpings, ás festas do Carme, ao Camiño de Santiago e á lonxa, entre outros.