Disraeli, Benjamin

Disraeli, Benjamin

Político e escritor, conde de Beaconsfield. Descendente dunha familia de xudeus, foi elixido membro do Parlamento inglés en 1837. Politicamente, decantouse cara á tendencia radical do Tory Party e, en 1842, aproximouse ao movemento da Young England, ideoloxicamente definido como conservadorismo popular. Durante os primeiros anos da súa carreira política foi un firme defensor do proteccionismo, pero acabou aceptando o libre cambio como un feito consumado e intentou que o proteccionismo deixase de ser unha das consignas do conservadorismo. Foi chanceler do Exchequer (ministro de Finanzas) en tres ocasións (1852, 1858-1859 e 1866-1867) e primeiro ministro de febreiro a decembro de 1868. En 1872 estableceu as bases do Conservative and Unionist Party. Ocupou novamente o cargo de primeiro ministro (febreiro de 1874-abril de 1880) e foi líder do partido ata a súa morte. Como primeiro ministro realizou importantes reformas sociais, entre outras destacan a lei sobre saúde pública e a redución da semana laboral, e centrouse na expansión imperialista do Reino Unido. Algúns dos resultados desta política foron a súa participación no Congreso de Berlín (1878), onde conseguiu a cesión de Chipre, e a coroación da Raíña Victoria como emperatriz da India (1876). Creou as bases da expansión imperial en Asia e África e adquiriu un 40% das accións do Canal de Suez para asegurar a libre circulación da ruta das Indias. Publicou, entre outras obras: Coningsby (1844), Vivian Grey (1826), Sybil (1845), The new crusad (1847), Venetia (1859), Lothair (1870) e Endymon (1880).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso