dissimulatio*
dissimulatio*
s
f
[LIT]
Técnica retórica que consiste na ocultación de información necesaria para comprender un asunto na súa totalidade, polo que se produce un efecto de desconcerto no receptor. Permítelle ao falante non expresar os propios pensamentos e impresións, ou as súas verdadeiras intencións. Desenvólvese por medio de varios recursos: a ironía socrática, que emite preguntas sen facilitar a propia opinión; a perífrase e a lítote, que encobren as propias ideas; e as fórmulas de cortesía ou o plural de modestia, que contribúen a esconder a identidade.