distante
distante
(< lat distante)
-
adx
Que está a unha determinada distancia espacial ou temporal.
Ex: A súa casa está distante do núcleo urbano. Esas épocas xa están moi distantes da nosa.
-
adx
Que non manifesta interese no trato afectivo con outra ou outras persoas.
Ex: Mantén unha actitude distante dentro do grupo, nunca participa nas actividades.