distorsión
(< lat tardíodistorsĭōne)
-
s
f
[PAT]
Lesión que se produce nalgunha parte do corpo como resultado dunha torsión.
Confrontacións: retorzón, torcedura. -
[FÍS/TECNOL]
-
s
f
Deformación dunha imaxe (por imperfeccións do sistema óptico utilizado), do son, dunha vibración ou dun sinal eléctrico, a causa das imperfeccións do aparato reprodutor ou amplificador, ou ben nunha transmisión. Xeralmente, a distorsión modifica a forma da onda; segundo os efectos producidos recibe diversos nomes, como distorsión de amplitude, distorsión harmónica e distorsión de cruceiro. En fotografía, prodúcese mediante o emprego de certos obxectivos como o ollo-de-peixe ou pode crearse a propósito para realizar efectos especiais.
-
distorsión de amplitude
Distorsión producida cando os diferentes compoñentes de frecuencia do sinal son amplificados ou atenuados de forma desigual.
-
distorsión harmónica
Distorsión que se produce cando, ao amplificar un sinal, se lle unen harmónicos de orde superior. A calidade dun amplificador de alta fidelidade depende da distorsión harmónica total.
-
s
f
-
s
f
Deformación ou alteración na reprodución ou exposición duns feitos.
Ex: A distorsión da realidade caracteriza a súa obra.