distracción

distracción

(< lat distractĭōne‘división, separación’)

  1. s f

    Acción de distraer ou distraerse.

    Sinónimos: diversión, entretemento.
  2. s f

    Cousa que atrae a atención e que serve para distraer a alguén.

    Ex: A súa maior distracción é asistir a espectáculos musicais.

    Sinónimos: diversión, entretemento, pasatempo. Antónimos: aburrimento.
  3. s f [LIT]

    Termo acuñado por Paul Bremond para aludir a unha estratexia característica da lóxica narrativa, segundo a cal o axente dun relato pode non levar a cabo a acción que se lle encomenda, ben porque se distrae ou ben porque recibe unha información que o afasta da súa intención inicial de xeito que muda o desenvolvemento dos acontecementos da trama.

Refráns

  • A costureira detrás do cristal, pinchada no dedo e tres no dedal.
  • A dona que moito mira, pouco fía.
  • Bo é ter en que se entreter.