pasatempo

pasatempo

(< 1 pasar + tempo)

  1. s m

    Ocupación agradable ou entretemento que serve de distracción e axuda a pasar o tempo.

    Ex: A xardinaría e o seu principal pasatempo. Fai maquetas como pasatempo.

    Sinónimos: afección.
  2. s m pl

    Conxunto de xogos de palabras, de enxeño, adiviñas, xeróglifos, etc, que se insiren nun xornal ou revista, ou que se editan nunha publicación propia.