distribución
(< latdistributĭône)
-
s
f
Acción de distribuír ou distribuírse.
Ex: Ese señor é o encargado da distribución das tarefas no traballo.
-
s
f
[ARQUIT]
Ordenación das pezas que forman o interior dunha vivenda.
-
s
f
[GRÁF]
Conxunto de moldes xa impresos que se poden distribuír.
-
[ECON]
-
s
f
Conxunto de actividades económicas que teñen como finalidade que os bens ou produtos cheguen dende os produtores ata os vendedores.
-
distribución de productos
Momento do proceso produtivo no que se efectúa a asignación dos bens e servicios destinados ao consumo final.
-
teoría da distribución
Análise das leis económicas que determinan as partes da renda que lles corresponden aos diferentes factores produtivos. A súa formulación, en termos de funcionalidade dos factores produtivos, correspondeulles aos fisiócratas, que analizaron o proceso polo que o produto neto da agricultura chega ás tres clases sociais. A escola clásica centrouse no estudo da distribución entre a renda e a terra, e entre os beneficios e os salarios. Para os neoclásicos, calquera factor variable obterá automaticamente unha remuneración que, en condicións competitivas, corresponderá ao seu produto marxinal e a súa distribución derivará sempre do obxectivo de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos recursos. A escola poskeynesiana formulou a teoría da distribución a curto prazo coa coherencia entre a división da renda nacional entre o consumo e o investimento, dunha banda, e os beneficios e salarios a doutra.
-
s
f
-
s
f
[ENX]
Transmisión da enerxía eléctrica cara ás instalacións que a utilizan. As centrais eléctricas producen enerxía eléctrica en forma de corrente alterna trifásica, de tensión comprendida entre 5 e 30kV; para o transporte ata os centros de distribución esta tensión elévase a valores que poden chegar a 380kV. Para a distribución emprégase a corrente alterna trifásica de 220V ou 380V para usos industriais, e a monofásica de 125V ou 220V para usos domésticos. A frecuencia está normalizada a 50 Hz en Europa e a 60 Hz en América. As redes de distribución urbanas poden ser radiais, en bucle (ou en anel), ou ben en malla, e adoitan estar feitas con cables subterráneos, mentres que as rurais adoitan ser radiais e con liñas aéreas. Para a distribución empréganse normalmente catro fíos: tres para cada unha das fases e un para a neutra.
-
[MAT]
-
s
f
Conxunto de datos ou valores nos que as frecuencias se indican por medio das porcentaxes nas que se presentan, ou ben de maneira absoluta, seguindo unha escala predeterminada. Dentro da estatística teórica, estes valores están asociados a probabilidades, a distribución das cales é estudada mediante a función de distribución.
-
distribución binomial/distribución de Bernoulli
Distribución de probabilidade do número total de éxitos en n probas independentes de Bernoulli. A súa función de masa ou de probabilidade:
FORMULA
onde h é a probabilidade de ter éxito nunha proba e x é o número total de éxitos. -
distribución de Poisson
Distribución da probabilidade da variable aleatoria discreta X, que proporciona o número de veces que aparece aleatoriamente un suceso. A súa función de probabilidade vén dada pola fórmula:
FORMULA2
onde h é o parámetro da distribución e x o número de veces que ten lugar o suceso. -
distribución canónica
Distribución de probabilidade de acordo coa que a probabilidade Pr de atopar un sistema nun estado r de enerxía E r, vén dada pola expresión Pr ¥ <J>C</J> -bEr, onde β=(KT) -1 é o parámetro de temperatura absoluta do foco térmico co que está en equilibrio o sistema.
-
distribución exponencial
Distribución continua de probabilidade con función de densidade f dada pola expresión f(x)=λexp(-λx), onde λ é un parámetro positivo e x?0. A súa media é 1/λ e a varianza 1/λ 2 .
-
distribución F de Fisher-Snedecor
Distribución teórica continua correspondente a unha variable aleatoria, que é igual ao cociente de dúas variables aleatorias independentes, cada unha con distribución χ 2 , divididas polos seus graos de liberdade.
-
distribución normal/distribución de Gauss
Distribución continua de probabilidade, que ten por función de densidade:
FORMULA3
para -¥ <x<¥, onde μ é a media e σ é a desviación típica, e os dous, números reais. -
distribución t de Student
Distribución continua de probabilidade que corresponde ao cociente de dúas variables aleatorias independentes. O numerador é unha variable aleatoria con distribución normal tipificada e o denominador é a variable aleatoria raíz cadrada dunha χ 2 con n graos de liberdade, dividida polo seus graos de liberdade. Cando n aumenta, aproxímase rapidamente á normal.
-
distribución
χ
-
función de distribución
Función asociada a unha variable aleatoria que dá as probabilidades de que esta tome algúns valores determinados. Para cada número real x, a función de distribución F x toma o valor da probabilidade do acontecemento formado por todos os acontecementos elementais, tales que o valor X(ω) non exceda x. As principais funcións de distribución son a distribución binomial e a distribución normal ou de Gauss, que ten media igual a 0 e desviación típica igual a 1.
-
teoría de distribucións
Parte da análise matemática e, en particular, da análise funcional, que estudia as funcións lineais continuas sobre o espazo vectorial topolóxico das funcións reais infinitamente diferenciables de soporte compacto de O n . A orixe da teoría ten lugar no cálculo simbólico de Oliver Heaviside do final do s XIX. Posteriormente, Paul Adrien Maurice Dirac introduciu a súa función δ (delta de Dirac) como instrumento de traballo que axuda no tratamento de problemas de mecánica cuántica. Laurent Schwartz formalizou a teoría como un corpo de doutrina dentro da análise funcional. Definiu os espacios vectoriais topolóxicos D de funcións infinitamente derivables de soporte compacto reais de O n coa topoloxía da converxencia uniforme e denominou distribucións ás funcionais lineais continuas sobre D, ás que organizou cunha topoloxía axeitada nun espazo de distribucións D’. A teoría de distribucións foi moi útil na resolución de problemas da teoría de ecuacións diferenciais en derivadas parciais, que serían irresolubles co tratamento clásico de teoría de funcións.
-
s
f
-
s
f
[TECNOL]
Mecanismo que asegura a sucesión adecuada de cada unha das fases do ciclo dun motor térmico. Nos motores de catro tempos, a entrada está regulada pola válvula de admisión, mentres que a de escape permite a saída dos gases da combustión. A abertura e o peche de ambas as dúas válvulas harmonízanse mediante unhas levas de perfil axeitado, torneadas sobre unha árbore denominada árbore de chaves, que xira sincronizada co cegoñal pero á metade da velocidade deste. Para asegurar a saída dos gases e a enchedura do cilindro, cómpre avanzar a abertura das válvulas e retardar o peche con respecto aos instantes teóricos. Cada válvula está normalmente pechada por medio dunha espiral e ábrese cara ao interior do cilindro, por medio do taco. Nos motores de dous tempos, o pistón abre alternativamente a comporta de admisión e de escape e ten unha forma deflectora, que impide a mestura de gases e o escape de mestura sen queimar.
-
[LING]
-
s
f
Conxunto total de contextos nos que pode aparecer unha unidade lingüística. Por exemplo, a distribución da unidade léxica quente estaría constituída polos contornos sintácticos de que pode formar parte. Entre outros, por exemplo, os enunciados Non me gusta o leite quente, Os seus pés estaban quentes e Tomou quente o café. A distribución emprégase como criterio para establecer clases ou subclases de unidades; deste modo se frío ten a mesma distribución ca quente poden considerarse da mesma clase.
-
distribución complementaria
Distribución que se dá cando dúas unidades lingüísticas non poden aparecer nunca no mesmo contexto ou contorno, aínda que poidan pertencer a unha mesma clase. A identificación da distribución complementaria determina os alófonos (por exemplo, o [b] oclusivo, que se realiza despois de pausa ou nasal, e o [β] fricativo que se recolle nos restantes contornos, son alófonos do fonema /b/ en distribución complementaria) e os alomorfos (por exemplo, as unidades morfolóxicas -ía (varría) e -ba (andaba), son alomorfos en distribución complementaria xa que non poden unirse a un mesmo tema verbal) no caso dun mesmo significado diferencial.
-
s
f