distribuidor -ra
(< distribuír)
-
adx e s
Que ou quen distribúe.
Ex: Hoxe os distribuidores puxéronse en folga.
-
s
m
[GRÁF]
-
Mecanismo automático das linotipias formado por unha barra estriada e tres cilindros sen fin, que depositan cada matriz na canle correspondente do almacén.
-
Rolo que bate a tinta nas máquinas de imprimir.
-
-
s
m
[TECNOL]
-
Ór-gano fixo das turbinas que lle dá a dirección adecuada ao fluído para que chegue ás pas do carrete sen choque.
-
Órgano fixo dun circuíto hidráulico ou pneumático que permite abrir ou pechar unha ou máis vías de paso ao fluído. Está composto dun corpo cun mandrilado cilíndrico, no que desembocan os orificios de entrada e de baleirado do fluído, e unha peza de revolución provista dunhas argolas anulares que poden desprazarse axialmente. Movéndoa, o xogo de argolas permite establecer ou interromper a comunicación entre dous ou máis orificios. Esta peza pode ser manipulada a man, mecanicamente ou por medio dun electroimán, entre outras formas.
-
Órgano empregado, nas máquinas de vapor, para establecer a comunicación, alternativamente, entre a caldeira e unha das caras do pistón motor, e entre a outra cara deste pistón e a atmosfera ou o condensador.
-
-
distribuidor de acendido
[TECNOL]
Nos motores de acendido por chispa, aparato destinado a deixar pasar os impulsos de corrente cara a cada buxía, segundo a orde de acendido preestablecida e a intervalos convenientes. Consiste nunha peza xiratoria cun saínte metálico conectado ao rolo secundario da bobina. No movemento fai contacto cuns pivotes metálicos, unidos a cada unha das buxías e espallados regularmente sobre unha circunferencia na tapa do distribuidor. No interior hai un interruptor, no sistema de acendido convencional, ou ben un sensor de efecto Hall, nos de acendido transistorizado. Tamén se coñece como delco, acrónimo de Dayton Engineering Laboratories Company.