distributivo -va
distributivo -va
(
-
adx
Relativo ou pertencente á distribución.
Sinónimos: proporcional. -
adx
[LING]
Que expresa distribución ou alternancia na acción.
Ex: Conxunción distributiva. Posesivo distributivo.
-
adx
[FILOS]
Aplícase a cada unha das partes dun todo.
-
adx
[MAT]
Aplícase a unha das dúas leis de composición interna (*, °) respecto a outra, nun conxunto E dotado de dúas leis de composición internas, cando se satisfán as seguintes propiedades: se a*(b°c) = (a*b)°(a*c) dise que * é distributiva con respecto a °, se (b°c)*a = (b*a)°(c*a) dise que * é distributiva con respecto a °, e se se satisfán ambas as dúas condicións dise que * é distributiva respecto a °. En R, a multiplicación é distributiva respecto da suma, pero non ao revés.