distrito

distrito

(< lat tardío dǐstrĭctu, pp de distringĕre ‘separar’)

  1. [XEOG]
    1. s m

      Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado. Dentro da cidade, os distritos son divisións de primeira orde. O concepto pódese aplicar tamén a outras divisións sen carácter administrativo.

    2. s m

      Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

    3. s m

      Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Suriname, Swazilandia, Uganda e Xibutí, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

    4. distrito federal

      División administrativa de primeira orde no territorio da cal radica a capital dun estado federal. Non pertence a ningún estado da federación e depende normalmente da administración directa do goberno.

    5. distrito marítimo [DM]

      Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

  2. [DER]
    1. distrito electoral

      Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións. Historicamente, chamóuselles distrito ás demarcacións electorais onde se elixe un só representante, e circunscrición ás unidades onde se elixen varios.

    2. distrito municipal

      Cada unha das demarcacións nas que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servicios administrativos. A división do término municipal en distritos é competencia do propio municipio.

  3. s m [XEOG/BOT]

    Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.