ditoloxía

ditoloxía

(

  1. s f [LING]

    Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala (chochoqueiro).

  2. s f [LIT]

    Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción. Foi habitual na poesía e na prosa renacentista e barroca.

  3. ditoloxía sintáctica [LING]

    Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal no que se atopen, como é o caso de grande/gran (grande importancia/gran muralla) e santo/san (Santo Agostiño/san Bernaldo).

Palabras veciñas

ditisco | dito -ta | ditografía | ditoloxía | ditongación | ditongar | ditongo