dito -ta

dito -ta

(

  1. p irreg

    de dicir.

  2. adx

    Que se mencionou antes.

  3. s m

    Frase feita que expresa un concepto popular e sentencioso tomado da experiencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “O mellor dito é o que queda no corpo”

  4. s m [LIT]

    Poema de carácter narrativo con intencionalidade didáctica. A súa brevidade afástao do roman medieval e a carencia de acompañamento musical, do chant. Na súa evolución adoptou diversas formas, como a alegoría ou o lamento amoroso. As primeiras manifestacións estaban compostas en pareados octosílabos, aínda que entre finais do s XII e principios do XIII diferentes autores, como Jean Bodel ou Gautier de Coincy, popularizaron os cuartetos monorrimos en alexandrinos. No eido teatral, a expresión dito de autor alude a un recurso propio do teatro de tese ou do teatro libre, que consiste na introdución no parlamento dun personaxe dunha máxima ou dun concepto que non se corresponde coa súa psicoloxía nin coa súa situación, senón que é unha mostra da brillantez estilística do autor da peza.

Frases feitas

  • Meu dito, meu feito. Expresión para indicar que unha cousa ocorreu tal como se dixo e de forma inmediata.

Palabras veciñas

Ditis | ditíscido -da | ditisco | dito -ta | ditografía | ditoloxía | ditongación