ditíscido -da

ditíscido -da

(< lat científico Dytiscus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ditíscidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos ditíscidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros acuáticos na que os escaravellos miden entre 1 mm e 40 mm na fase adulta; os máis deles son de cor escura e forma hidrodinámica, convexa por riba e por baixo, e a maioría das especies presentan unha superficie lisa. A cabeza encaixa no protórax e posúe grandes ollos e antenas filiformes de once artellos. As patas posteriores son máis longas ca as medias e anteriores, e teñen pelos no seu bordo que aumentan a superficie das extremidades, que moven de xeito alternativo ao nadar. Habitan en todo tipo de ambientes de auga doce, tanto en movemento como estancada, especialmente en aguas que superan 1 m de profundidade xa que necesitan renovar o aire que levan debaixo dos élitros. Cada certo tempo soben e colocan o extremo do abdome en contacto coa superficie da agua e desta forma introducen o aire fresco debaixo dos élitros. Tanto os adultos como as larvas son feroces depredadores que poden apresan animais meirandes ca eles. Aliméntanse de pequenos invertebrados, como larvas de insectos que buscan no fondo ou entre as raíces baixo a auga. As especies máis grandes poden comer moluscos, peixes pequenos ou anfibios. As larvas que comparten os medios acuáticos cos adultos son eirugas provistas de patas máis ou menos longas e fortes mandíbulas, coas que zugan as presas que capturan. Os ditíscidos teñen unha distribución mundial e coñécense unhas 3000 especies que pertencen a uns 150 xéneros. En Galicia hai máis de 70 especies de 24 xéneros, entre os que destacan Agabus, Dytiscus e Hydroporus.

Palabras veciñas

ditirambo | Ditirambo, Teatro Estudio | Ditis | ditíscido -da | ditisco | dito -ta | ditografía