ditirambo
(
-
s
m
[LIT]
Composición poética cantada por un coro na honra do deus grego Dióniso, que ía acompañada dunha danza, da que deriva o concepto do dionisíaco, principio estético situado no dominio dos instintos, do éxtase, da natureza e das forzas escuras. Durante a celebración das Grandes Dionisias en Atenas, a cidade organizaba un concurso de ditirambos nos que participaban coros con cincuenta nenos cada un e outros tantos coros de adultos, con idéntico número de integrantes, que representaban as dez tribos da Ática. Participar no concurso de ditirambos era un deber cívico e gañar o concurso constituía a meirande honra para a tribo. Diversos investigadores consideran o ditirambo un dos xermolos da traxedia, nun proceso consistente nun diálogo entre o coro e un solista ou corifeo.
-
s
m
Poema lírico, escrito en diversos versos, no que se amosa entusiasmo por algo.
-
s
m
Loanza excesiva de algo ou de alguén.