Ditirambo, Teatro Estudio

Ditirambo, Teatro Estudio
[ESPECT]

Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.

Palabras veciñas

ditioteno | ditirámbico -ca | ditirambo | Ditirambo, Teatro Estudio | Ditis | ditíscido -da | ditisco