diula
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo diula ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo diula.
-
s
[ETN]
Pobo do grupo mandingo, tamén coñecido como jula, que se estende por Burkina Faso, Costa de Marfil e Mali. Dedicábanse ao comercio e estableceron relacións entre os musulmáns do N de África e as poboacións da África central e occidental. Divulgaron o Islam e no s XIV penetraron no imperio de Mali. Dende o s XVI estendéronse polo seu territorio actual e integráronse nas diversas comunidades. Organízanse en clans e familias patrilineais e conservan unha división de actividades por sexos, xunto cunha división xerárquica en castes, que aínda conserva a figura do escravo a nivel cultural.
-
s
m
[LING]
Lingua pertencente á familia lingüística mande do phylum níxer-congo que fala o pobo diula.