diurético -ca
(< lat diuretĭcu < grδιουρητικός)
-
adx
Que facilita a secreción de urina.
Ex: Déronlle un medicamento con propiedades diuréticas.
-
s
m
[MED]
Substancia que favorece a eliminación dos ouriños, xeralmente aumentando a eliminación de sodio, que vai seguida da de auga. Distínguense diversas clases: os diuréticos osmóticos, como o manitol; os derivados da purina (teofilina, teobromina e cafeína); os diuréticos mercúricos; os inhibidores da anhidrasa carbónica, dos que o principal é a acetazolamida; os derivados da benzotiadiazina (hidroclorotiazida e outros) e análogos (clortalidona, fursemida); os antagonistas da aldosterona, como a espirolactona; e, finalmente, o trianterene e o ácido etacrínico, que, pola súa estrutura, non se poden incluír en ningún dos grupos mencionados.