divisibilidade
(< divisible)
-
s
f
Calidade de divisible.
-
s
f
[MAT]
Conxunto de condicións que deben cumprir dous números enteiros para que se poida efectuar a división exacta dun polo outro, é dicir. que cumpran a condición a = bc, sendo a o múltiplo, b, o divisor, e c, o cociente exacto. Para efectuar este estudio, pártese da descomposición en factores primos en Z. As probas de divisibilidade permiten saber se un número é divisible por outro sen necesidade de facer a división. Os criterios de divisibilidade son os seguintes: todo número acabado nun díxito par é divisible por dous; os números acabados en 0 ou 5 son divisibles por 5; aqueles nos que a súa suma sexa 3 ou 9, son divisibles, respectivamente por 3 e por 9; se os dous últimos díxitos dun número forman un número divisible por catro, o número orixinal tamén o é; e calquera número no que a suma dos seus díxitos é divisible por 3 tamén o é por 6.